ARTESANOS DE LA MADERA - TODO TIPO DE TRABAJOS - MUEBLES - RESTAURACION - CONSTRUCCION -ARTESANS DA MADEIRA - TODO TIPO DE TRABALLOS - MOBLES - RESTAURACION - CONSTRUCCION-                                                                                                

Inicio
Sobre Nós
Actividade Artesán
Traballos en Madeira
Cómo Chegar
Libro de Visitas
Blog
 

 

ACTIVIDADE ARTESÁN

    O traballo faise dun xeito puramente artesán, mediante un proceso no que o factor determinante é a intervención persoal dos traballadores e o producto final é totalmente individualizado.

    Os tres artesáns repártense a actividade diaria, estando sempre un no taller e os outros facendo traballos fora, cando é necesario. É moi difícil determinalo volume de produción por ditas circunstancia, de xeito que as rehabilitacións e restauracións no son medibles unitariamente , en xeral refírense a todo un inmoble e depende moito do que haxa que facer e das dimensións da edificación.

    Labouras de restauración en madeira e nova creación respetando a tradición.  Balconadas, pasamáns, teitos, ventás,  pisos en madeira,  sobre todo en pazos e casas grandes. Creación de todo tipo de mobiliario artesán, mesas,  armarios, librerías, cadeiras rústicas, reprodución e restauración de antigüidades e  de todo tipo de obxetos de valor etnográfico  para adorno e  decoración rústica .

    Pódese contabilizar nun mes unha restauración – rehabilitación de moble antigo como media, pero o traballo feito nas edificacións e moi lento e prolóngase varios meses. A maiores hai un volume de produción de pezas artesáns,  diversos obxectos ou mobles  dependendo do seu tamaño e dos elementos decorativos que teñan, de 3 ou 4 pezas mensuais.

     Dende que estes tres mozos artesáns comezaron a súa actividade no ano 1997 sempre tiveron traballo suficiente para garantiza-la supervivenza  do Obradoiro. Son moitos os encargos que reciben e non só no concello de O Saviñao, senón noutros concellos da comarca  de Terra de Lemos  onde son numerosas as mostras de arquitectura civil e relixiosa que se están  a rehabilitar. Tamén existe unha  tradición de facer mobles artesanalmente  que é  importante manter coas novas xeracións de artesáns  que aprenderon o oficio  e o saber dos mestres que xa non traballan. O valor que se lle está a dar ó traballo artesán e as cousas feitas artesanalmente, así como a falta de  persoas que as fagan,  garantiza a viabilidade desde Obradoiro como actividade económica xeradora de riqueza.

 

 

 Parque Empresarial  de  Escairón -  Parcela 9 - O SAVIÑAO - Lugo - Galicia - ESPAÑA - Tel/Fax +34  982452469              Contacto  Email: info@rodriguezarxiz.com  Todos los derechos Reservados ©Peruchela  2009