ARTESANOS DE LA MADERA - TODO TIPO DE TRABAJOS - MUEBLES - RESTAURACION - CONSTRUCCION -ARTESANS DA MADEIRA - TODO TIPO DE TRABALLOS - MOBLES - RESTAURACION - CONSTRUCCION-                                                    

Inicio
Sobre Nós
Actividade Artesán
Traballos en Madeira
Cómo Chegar
Libro de Visitas
Blog

 
SOBRE NÓS

    Á  comunidade de bens RODRIGUEZ ARXIZ, C.B.   constituírona,  baixo forma xurídica o trinta  de  abril de 2002,   Francisco e  Xesús Rguez García e Roberto Expósito Rguez,.

    Éstes tres promotores artesáns levan exercendo a actividade de carpintería dende o ano 1997. Nun primeiro momento constituíron unha Cooperativa  xunto con outros compañeiros participantes dunha escola obradoiro do  concello do Saviñao , obradoiro  que foi cualificado como Artesán en Madeira.  Esta Cooperativa denominada ARXIZ S. COOP. LIMITADA  estaba situada nas instalacións de dita escola, en Arxeriz - FIÓN,  no concello do Saviñao,  Lugo, Galicia, España.

   Paco,  Suso e Roberto, exercen   dende o 23 de maio do 2002  a actividade de Carpintería (Epígrafe do I.A.E. 463.1, nunhas instalacións novas sitas no parque empresarial de  Escairón no concello do Saviñao,  onde adquiriron unha nave   axeitada para o desenrolo de dita actividade  que foi cualificada como Obradoiro Artesán en data dous de outubro de 2002, co  nº de rexistro  481  na sección de obradoiros do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

.................................

EVOLUCIÓN DO OBRADOIRO

     A maquinaria existente inicialmente consistía nunha serra de cinta,  regroso,  escuadradora e tupi para facer molduras,  ademais  das ferramentas necesarias  para traballar como lixadoras, taladros, atornilladores  ou o compresor que xa pertencían  ao anterior  obradoiro  e  que  se  atopan  en perfecto estado de conservación,  maquinaria  a  que se lle añadiu  un sistema interno de aspiración para as máquinas existentes  que consiste nun ciclón recolector con tuberías que parten de cada máquina e conducen os residuos a un depósito común.

     Os investimentos en máquinas  increméntanse   coa adquisición,  no ano 2005, logo de ampliar o obradoiro  debido ao aumento da produción,  dunha nova serra de cinta con brazo pivotante, vagón móvil  e prensor,   e no ano 2006,  doutra  serra de cinta  nova  e tamén o equipamento informático.  No 2007  co aumento do volume de produción asociado ça restauración de vivendas rústicas e traballos encargados por diferentes administracións,  volve a  ser preciso  adquirir unha nova maquina: unha escopleadora cadena  modelo OM-340 con bomba de lubricación e protección de seguridade,  cun custo de 6200 euros mas ive,  e unha presa hidráulica equipada con seis cilindros hidráulicos orientables con capacidade de xiro de 180 º, o que permite prensar pezas curvas  ademais dun kit de tres carros neumáticos de macizar frontais,  cun custo de 13115 € más ive.

     Neste 2009 o investimento a realizar consiste na adquisición dun depósito específico para completalo sistema de aspiración,  dotado da tecnoloxía adecuada á normativa vixente, onde recolle-los residuos xerados  da madeira e unha moldureira para cepillar pontós e vigas e reparacións de táboas rústicas e facer molduras tradicionais cun investimento de 77968  euros más ive, para o cal  esta comunidade de bens solicitou  unha subvención de 30000 euros o máximo  para  cada entidade solicitante.

 

 
   

Parque Empresarial  de  Escairón -  Parcela 9 - O SAVIÑAO - Lugo - Galicia - ESPAÑA - Tel/Fax +34  982452469              Contacto  Email: info@rodriguezarxiz.com  Todos los derechos Reservados ©Peruchela  2009